FRAGMENTOS

Podes ver este contido noutro idioma con Google Translate: Español - English - Português

A observación do comportamento das persoas, como interactúan e como se interrelacionan, sobre todo nos espazos urbanos, foi sempre un dos eixos fundamentais da fotografía.

FRAGMENTOS é unha recopilación de xestos, persoas absortas, descontextualizadas, mostrando só parte da contorna que as rodea. Ao tempo, achego anacos do espazo urbano aparentemente sen interese e sen presenza humana.

É sobre todo, a visión da cidade dende a mirada persoal de alguén que viviu e vive no rural. A visión do espazo urbano como algo hostil para as persoas. Onde o bullicio de xente non é sinónimo de socialización, máis ben de todo o contrario, de soedade.

Neste traballo propoño, por tanto, unha visión da vida nas cidades afastada do momento decisivo, do extraordinario, de xustaposicións ou de imaxes en ton humorístico. Busco a simpleza, o esencial, a luz, amosando retratos de persoas “anonimizadas”, sen rostro. Un pequeno xesto, máis ca unha mirada; un detalle no chan, máis ca unha paisaxe urbana. Silencio contraposto ao habitual ruído urbano.


Unha serie de nove fotografías deste proxecto, recibiu o 2º Premio no LensCulture Street Photography Awards 2017 e foi elixida Finalista no ASPA - Alghero Street Photography Awards 2018, e no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards 2017.